InicioSociedadeUn novo morto por Covid no HULA

Un novo morto por Covid no HULA

PUBLICADA O

- Advertisement -

O falecemento de dous octoxenarios con coronavirus COVID-19 en Lugo e A Coruña nas últimas 24 horas eleva a 705 os mortos con este virus en Galicia desde o inicio da pandemia.

Segundo informou este venres a Consellería de Sanidade, estas dúas persoas falecidas en centros hospitalarios galegos presentaban patoloxías previas.

En concreto, faleceu un home de 89 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo e outro home de 86 anos hospitalizado no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac).

Da 705 persoa falecidas con COVID en Galicia, 142 falecementos rexistráronse en residencias e 168 en hospitais e residencias integradas.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...