InicioSociedadeLugo rexistra un descenso dos casos activos tras o gran foco detectado...

Lugo rexistra un descenso dos casos activos tras o gran foco detectado en Outeiro de Reii

Ten 77 novas altas, fronte a 51 casos novos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo rexistra 894 casos activos en toda a provincia, 26 menos que o mércores. Segundo informa a Consellería de Sanidade houbo máis curados e contaxiados, 77 fronte a 51, logo do gran número de casos rexistrado nos últimos días polo foco detectado na DomusVi Lugo de Outeiro de Rei.Dos contaxiados, tres están en UCI, no HULA e 63 hospitalizados nos distintos centros da provincia. 828 seguen en atención.

Pola súa banda, Galicia detectou 274 novos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas, pero o número de casos activos, no que inflúen tamén as altas e os falecementos, rexistrou un leve descenso, de seis, e sitúase en 4.358 este xoves.

Os datos da Consellería de Sanidade, para os que se toman cifras da tarde de onte, mostran que o número de persoas curadas pasou de 14.158 a 14.434, o que supón un incremento de 276. Ademais, os falecementos soben en catro –tres comunicados onte pola tarde e un comunicado este mesmo xoves–, o que indica que o sistema sanitario confirmou 274 novos contaxios.Por áreas sanitarias, os casos activos soben só en tres delas: Pontevedra –sobe en 23, ata 402–; Ourense –sobe en 11, ata 473–; e Vigo –sobe en catro, ata 348–.

+ posts

ÚLTIMAS

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...