InicioSociedadeLugo rexistra 30 novos positivos

Lugo rexistra 30 novos positivos

Houbo 24 novas altas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia detectou 214 novos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas, que, a pesar de ser unha importante cifra de contaxios é a menor en seis días, e o total de casos activos incrementouse en 68, ata situarse en 4.243, de acordo cos datos que proporciona este luns a Consellería de Sanidade, tomados na tarde do domingo. No caso de Lugo houbo 30 positivos novos.

O último parte recolle que se curaron na Comunidade galega un total de 13.792 persoas, que son 143 máis das que constaban o domingo. O número de mortos é de 662, tres máis dos que figuraban na actualización anterior, tras comunicar este domingo o falecemento de dúas persoas vinculadas ás residencias lucenses do Incio e Outeiro de Rei e na mañá deste luns a morte dun home de 90 anos que permanecía ingresado no Clínico de Santiago

Por áreas sanitarias, a da Coruña mantense como a que rexistra un maior número de casos activos, con 1.424, 10 máis que este domingo; mentres que a que experimenta un maior incremento é a de Ourense, onde hai 459, 30 casos activos máis que hai 24 horas.

Pola súa banda, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés sitúase en 343 casos activos, 20 máis que o domingo; a de Lugo crece en seis  — cifra que supón de restar os 30 novos positivos coas 24 altas–, ata os 816 e a de Ferrol aumenta en dous casos, ata os 159. As áreas sanitarias de Vigo e Santiago-A Barbanza manteñen a mesma cifra de casos activos que o domingo, 344 e 688, respectivamente.

Os datos facilitados pola Xunta sinalan que se realizaron un total de 367.340 probas PCR na Comunidade ata o momento, cifra que supera en 3.383 a do domingo.

+ posts

ÚLTIMAS

A xuíza amplía a investigación a José Tomé e cita 5 mulleres vinculadas ao PSdeG

A investigación xudicial aberta contra o alcalde de Monforte de Lemos e expresidente da...

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...