InicioSociedadeVolven aumentar os casos na provincia, 55 novos positivos e 17 deles...

Volven aumentar os casos na provincia, 55 novos positivos e 17 deles en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia detectou nas últimas 24 horas 293 novos positivos por coronavirus e os casos activos incrementáronse en 55, ata situarse en 4.137, de acordo cos datos difundidos este sábado pola Consellería de Sanidade, tomados na tarde do venres.

Lugo rexistra 53 casos novos desde onte, ademais de 45 altas. Hai trece ingresados máis na provincia, subindo de 44 a 57. No foco de Lugo fixéronse este venres 353 PCR. Rexistraronse 17 positivos.

O parte de hoxe recolle un ascenso dos casos activos por encima dos 4.000, unha repunta dos novos positivos detectados con respecto á xornada anterior e tamén unha subida nos pacientes curados, que alcanzan os 13.438 –238 máis que o venres–.

Con todo, tras o catro mortes comunicadas na xornada do venres, o parte de Sanidade non reflicte ningún novo falecemento en Galicia vinculado coa COVID-19, polo que a cifra mantense en 656 desde que comezou a pandemia.

Por áreas sanitarias, a de Pontevedra pasa de 279 a 308 casos activos –29 máis–, mentres que a que máis pacientes ten segue sendo a da Coruña, con 1.446, aínda que só sobe nun con respecto ao día anterior.

En Vigo, pola súa banda, aumentan en 10 os casos activos, de 327 a 337, e en Ourense hai cinco máis –de 412 a 417–. En área de Santiago e A Barbanza rexistra 677 casos activos, catro máis que na xornada anterior e a de Ferrol é a única que experimenta un descenso, dous casos menos, ata 148.

O parte dese venres indica tamén que se realizaron un total de 359.055 probas PCR en Galicia ata o momento, cifra que supera en 4.782 á de onte.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...