InicioSociedadeO Concello de Lugo repartirá máscaras nas escolas porque a Xunta "deixou...

O Concello de Lugo repartirá máscaras nas escolas porque a Xunta “deixou de lado” ás familias con menos recursos

"Desde o concello de Lugo temos que cubrir novamente as deficiencias da planificación da Xunta de Galiza”, di o concelleiro de Educación, Felipe Rivas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concellería de Educación e Difusión do Coñecemento de Lugo achegará máscaras aos centros de ensino públicos da cidade para facilitar que todas as familias poidan cumprir coas medidas sanitarias de cara á volta ás clases. O concelleiro do ramo, o nacionalista Felipe Rivas, explicou que “o custe das máscaras pode ser inasumible para unha familia que estea pasando por unha situación económica delicada”.

“Desde a Concellería de Educación colaboraremos cos centros para que todas as nenas e nenos de Lugo poidan cumprir coas medidas de prevención, xa que a Xunta non cumpre coa súa responsabilidade en educación nin aporta medios de protección suficientes para cumprir con estas medidas”, engadiu a través dun comunicado.

Non é a primeira vez que temos que cubrir desde o Concello as deficiencias de planificación da Xunta de Galiza”, afirmou Felipe Rivas. O edil de Educación lembrou que durante o inicio o concello tivo que poñer en marcha un servizo de impresión a demanda para “permitir que as familias con menores recursos puideran ter acceso ao material didáctico e continuar así coa formación desde a casa”.

Neste sentido, botoulle en cara ao presidente galego que “presuma de bo xestor” pero “deixe de lado” aos centros de ensino e aos fogares con menos recursos. “Desde o concello de Lugo temos claro que a saúde das nenas e nenos é a máxima prioridade de cara á volta ás clases”, engadiu.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...

Extinguido un incendio forestal en Guitiriz, que afectou a 8,4 hectáreas

O incendio forestal que permanecía activo desde este domingo no municipio lucense de Guitiriz...