InicioSociedadeO Concello reforza a desinfección no barrio da Milagrosa

O Concello reforza a desinfección no barrio da Milagrosa

Así, esterilizouse o firme, fachadas, paradas e marquesiñas de bus, ademais de colectores, papeleiras, varandas e resto de mobiliario urbano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo reforzou este sábado a desinfección e limpeza no barrio da Milagrosa, despois da entrada en vigor da orde da Xunta con novas restricións para a cidade en xeral e para esta zona en particular, na que as reunións se limitan a cinco persoas e os bares poden servir só en terrazas.

Nun comunicado, o concelleiro Álvaro Santos explicou que ao operativo habitual sumáronselle medios técnicos e humanos para intensificar os labores de limpeza desde primeira hora da xornada, co fin de “colaborar no control do foco” detectado nos últimos días na capital provincial.

Á brigada sumáronse dous peóns máis, con equipos de desinfección, que traballaron cunha varredora, unha baldeadora e unha hidrolimpadora de beirarrúas.

Así, esterilizouse o firme, fachadas, paradas e marquesiñas de bus, ademais de colectores, papeleiras, varandas e resto de mobiliario urbano.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...