Home Sociedade Morren dous anciáns en Lugo vítimas da Covid

Morren dous anciáns en Lugo vítimas da Covid

0

A morte de dous homes de 93 e 77 anos de idade elevan a 628 os falecidos con coronavirus COVID-19 en Galicia. Un deles residía no centro cun brote con máis de 65 casos entre usuarios e traballadores no Incio.

Segundo informou a Consellería de Sanidade este venres, os dous últimos falecementos, notificados este venres, corresponden a dous homes da área sanitaria de Lugo de 93 e 77 anos que tiñan patoloxías previas.

Deste xeito, dos 628 falecementos rexistrados en Galicia desde o inicio da crise sanitaria pola COVID-19, 133 rexistráronse en residencias, un máis que este xoves, e 143 en hospitais e residencias integradas, un máis que a xornada pasada.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here