InicioSociedadeLugo, a única provincia onde non crecen os casos tras subir 118...

Lugo, a única provincia onde non crecen os casos tras subir 118 nun só día

A área da coruña acumula xa máis de 850 casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID en Galicia sitúase este luns nos 1.400, o que supón 118 máis que este domingo –tras subir en todas as áreas sanitarias salvo na de Lugo, que segue igual que a xornada pasada–, dos que 851 corresponden á da Coruña e Cee –73 máis que hai 24 horas–.

Así se reflicte nos datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, cinco atópase en UCI –dúas máis que este domingo–, 57 permanecen en unidades de hospitalización convencional –nove máis–, e 1.338 en seguimento domiciliario –107 máis respecto da xornada pasada–.

Dos 1.400 casos activos, 851 corresponden á área da Coruña e Cee –73 máis que este domingo–; 110 á de Lugo –sen cambios–; 139 á de Vigo –cinco máis–, 70 á de Pontevedra e O Salnés –dez máis–; 114 á de Ourense –20 máis–; 63 á de Santiago –oito máis– e 53 á de Ferrol –dúas máis–.

Sanidade indica que, ata o momento, curáronse en Galicia 11.608 persoas, 21 máis que a xornada anterior, e faleceron 625 pacientes con COVID. A última vítima mortal notificada foi unha muller de 86 anos que estaba ingresada no Chuac e presentaba patoloxías previas.

Dos 1.400 casos activos na Comunidade galega, 12 están vinculados a centros residenciais, en relación a oito usuarios e catro traballadores. O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 282.103 fronte ás 280.185 contabilizadas ata este domingo, apuntou Sanidade.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...