InicioSociedadeCatro persoas denunciadas por non levar máscara e outra por non usala...

Catro persoas denunciadas por non levar máscara e outra por non usala e cuspir nun banco

Fontes policiais destacaron que o individuo sen máscara lles espetou aos axentes que interviñeron: "Se me désedes diñeiro para comprar unha levaríaa".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou a catro homes por non levar posta a máscara na vía pública e a un quinto que non facía uso dela e, ademais, cuspiu nun banco, que acabou precintado ata ser desinfectado.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, ás 14,13 horas deste xoves pasado na rúa Curros Enríquez foi denunciado un home de 42 anos que transitaba sen facer uso de máscara e que tampouco a portaba encima.

As mesmas fontes policiais destacaron que este individuo lles espetou aos axentes que interviñeron: “Se me désedes diñeiro para comprar unha levaríaa”.

Mentres, ás 20,30 horas da mesma xornada en cálea San Marcos foron denunciados dous mozos de 19 e 24 anos de idade que tampouco facían uso de máscara. A eles súmase outro home de 42 anos interceptado ás 00,35 horas deste venres na rúa Fermín Rivera, por non usar nin levar encima a máscara obrigatoria.

Ademais, ás 21,30 horas do xoves na Praza Agro do Rolo foi denunciado un home de 51 anos quen, ademais de non levar posta máscara, “cuspía sobre o banco onde estaba sentado”, sinalaron as mesmas fontes. Por iso, destacou a Policía Local, foi necesario precintar o citado elemento do mobiliario urbano ata a súa desinfección.

O individuo, puntualizaron as mesmas fontes policiais, a pesar da súa negativa inicial a facer uso da máscara, “finalmente aceptou a que lle facilitaron os policías e fixo uso da mesma”.

ÚLTIMAS

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...