InicioSociedadeA Deputación duplicará o orzamento para prevención de riscos laborais polo aumento...

A Deputación duplicará o orzamento para prevención de riscos laborais polo aumento de persoal e a COVID

Entre outras melloras, introdúcense "servizos e medidas para previr e combater a COVID-19 co obxectivo de minimizar o risco de contaxio e propagación, controlar a situación epidemiolóxica entre os 600 traballadores da Deputación".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo decidiu reforzar o sistema de prevención de riscos laborais ampliando os servizos e duplicando o investimento, que pasa a case 112.000 euros ao ano, debido, principalmente, ao incremento do persoal da institución, ao aumento dos centros de traballo coa apertura das residencias e á prevención e loita contra a COVID-19.

Así o explicou a portavoz socialista do Goberno provincial e Deputada de Réxime Interior, Pilar García Porto, que compareceu en rolda de prensa para explicar os asuntos aprobados na Xunta de Goberno deste venres.

Un dos temas foi a propia licitación do contrato do servizo de prevención de riscos laborais alleo da Deputación, isto é, “o servizo que realiza labores a maiores das que fai o Servizo de Prevención propio desta institución“, explicou a deputada.

Con este contrato, a entidade provincial reforza o sistema de prevención de riscos laborais da Deputación, duplicando o investimento. Entre outras melloras, introdúcense “servizos e medidas para previr e combater a COVID-19 co obxectivo de minimizar o risco de contaxio e propagación, controlar a situación epidemiolóxica entre os 600 traballadores da Deputación e afrontar con garantías o escenario provocado polo virus en tanto siga circulando”.

Neste contrato, dixo Pilar García Porto, tamén se contempla por primeira vez a realización de recoñecementos médicos adaptados aos riscos de cada posto de traballo, o que leva consigo probas médicas especiais.

A deputada detallou, así mesmo, que nestes pregos inclúense 23 centros de traballo da Deputación. Entre eles, figuran xa as residencias de Castroverde e Pedrafita do Cebreiro, en previsión da próxima apertura de ambas as antes de finalizar este ano. A duración do contrato será de dous anos, prorrogables por outros dous.

PARQUE MÓBIL

Por outra banda, Pilar García Porto informou da aprobación de dous contratos relacionados co funcionamento do Parque Móbil da Deputación. Por unha banda, a compra dunha furgoneta por importe de 25.632,13 euros, para mantemento; e, por outra, a adxudicación á empresa Repsol a subministración de emulsión asfáltica para o Parque Móbil durante un ano, prorrogable por outro, por un importe de case un millón de euros.

Este contrato servirá para o mantemento tanto da rede viaria provincial, como das estradas e pistas municipais, sinalou a deputada.

Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou tamén a solicitude dos concellos de Ourol, Foz e Bóveda para destinar a novas obras os remanentes resultantes da execución de actuacións financiadas con cargo ao Plan Único 2019.

PREMIOS Á HOSTALARÍA E AO TURISMO

Por outra banda, a Deputación de Lugo mantén aberto ata o día 21 de agosto o prazo para a presentación de candidaturas aos premios á hostalaría e ao turismo Lugo Cambia, cos que a institución provincial quere recoñecer o traballo de persoas, empresas e institucións a favor da promoción turística da provincia, así como iniciativas innovadoras no ámbito da hostalaría.

Poden optar a galardóelos persoas físicas ou xurídicas, a título individual ou colectivo, institucións ou entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro de ámbito local, autonómico, nacional ou internacional. O premio consistirá nun diploma acreditativo e un agasallo.

ÚLTIMAS

Besteiro reclama “máis forza municipalista” no congreso de proclamación de Tomé como secretario do PSOE en Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, foi proclamado este sábado secretario provincial do PSOE no...

Miguel Fernández reclama un “maior compromiso” da Xunta nos proxectos de valor estratéxico para a cidade

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, reclamou un "maior compromiso" por parte da Xunta naqueles proxectos que...

Lugo acollerá a Asemblea Nacional da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas en 2026

Lugo acollerá en 2026 a Asemblea Nacional da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH),...

A Deputación de Lugo destina 6 millóns a rozas e diferentes obras en estradas da provincia

A xunta de goberno da Deputación acordou este venres impulsar novos traballos en vías...