InicioLugo e contornaLugoO presidente da TSXG cre que causas como a Pokemon, que instruíu...

O presidente da TSXG cre que causas como a Pokemon, que instruíu Pilar de Lara, “danan a Xustiza”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez e Díaz-Castroverde, considera que as causas que se alongan varios anos “danan a imaxe da xustiza”. En referencia á Operación Pokemon, apuntou que, “aínda asumindo a complexidade” do caso, “a idea é que non alcancen o oito anos de duración“.

“Como presidente, creo que a longa duración das causas, aínda asumindo a súa complexidade, dana a imaxe da xustiza”, expresou en declaracións aos medios de comunicación na Coruña. Considera que o oito anos que acumula este caso “non son convenientes” tanto para as persoas implicadas como para a xustiza.

Gómez e Díaz-Castroverde rexeitou valorar a resolución da Audiencia Provincial de Lugo sobre a separación en pezas das 32 causas da operación afirmando que, debido ao seu cargo, “xamais” debe pronunciarse “positiva ou negativamente” neste tipo de decisións.

A Audiencia ordena, no auto asinado o pasado 21 de xullo, que se divida a Operación Pokemon, que ata agora estaba no xulgado de Instrución 1, en diferentes causas. Tras unha denuncia da Fiscalía, os xuíces aceptan que sexa o xulgado decano o que reparta as causas aos distintos xulgados correspondentes.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...