InicioSociedadeAumento dos casos de coronavirus en Lugo, que alcanza os 31

Aumento dos casos de coronavirus en Lugo, que alcanza os 31

Saúde Pública investiga a relación entre dous focos na Mariña que elevarían o número de casos detectados no brote ata 18.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este venres 26 de xuño 31 casos activos por coronavirus, catro máis ca os contabilizados no informe do Sergas de onte. Esta repunta débese aos novos positivos que se detectaron na comarca da Mariña, tres deles relacionados co núcleo familiar onde xurdiu un rebrote.

Dos 31 pacientes positivos, dous están hospitalizados (no HULA e no Hospital da Mariña), mentres que o resto evolucionan nas súas casas.

BROTE DA MARIÑA

Respecto do rebrote de coronavirus no concello de Xove, a Consellería de Sanidade estuda agora, a través de Saúde Pública, a relación entre ese foco e outro detectado na mesma comarca. De confirmarse o vínculo, elevaríanse a 18 os casos positivos vencellados a tal brote.

De momento, “na fase de control de contactos” documentáronse 11 casos directos, segundo afirmou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña. “Hai dous núcleos na mesma Mariña que, posiblemente, estean relacionados”, sostivo. “Estamos facendo os estudos de contactos e facendo probas diagnósticas”.

GALICIA

Pola súa banda, os datos para Galicia refiren 311 casos, o que supón un descenso de 22 respecto de onte ao ter en conta as altas epidemiolóxicas. Catro persoas están hospitalizadas —ningunha na UCI— e 307 seguen baixo atención hospitalaria a domicilio. Dende o inicio da pandemia, en Galicia faleceron 619 persoas.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...