InicioA UlloaLugo segue estancada na loita contra os contaxios da COVID-19

Lugo segue estancada na loita contra os contaxios da COVID-19

Durante a semana houbo máis contaxiados que curados. A situación este sábado é igual a do venres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A entrada na chamada “nova normalidade” está ralentizando, e moito, a loita contra o coronavirus. Durante toda a semana non se rexistraron descensos significativos e, de feito, houbo días nos que aumentaron o número de casos na provincia de Lugo. Este sábado, por exemplo, hai os mesmos casos en Lugo que o venres e só hai un caso menos no conxunto de Galicia, situándose o número total de contaxiados en 340.

Así se reflicte nos datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade, nos que se sinala que do total de pacientes positivos, seis permanecen en unidades de hospitalización –igual que este venres– e 334 en seguimento domiciliario –un menos–. A UCI de Galicia seguen sen casos Covid-19.

Dos 340 casos positivos, 141 corresponden á área de Vigo –os mesmos que o venres–; 110 á da Coruña –un máis–; 28 á de Santiago –un menos–; 24 á de Ourense –os mesmos–; 17 á de Lugo –os mesmos–; 12 á de Ferrol –igual que hai 24 horas– e oito á de Pontevedra –un menos–.

Sanidade sinala que ata a data curáronse en Galicia 10.530 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o pasado 10 de xuño, e correspóndese cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas na Comunidade galega ascende a 164.673, fronte ás 163.569 do venres.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...