InicioSociedadeDous casos menos de coronavirus deixan un total de 17 na provincia

Dous casos menos de coronavirus deixan un total de 17 na provincia

En Galicia hai 341 pacientes en activo e só sete hospitalizados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este mércores un total de 17 casos activos por coronavirus, dous menos ca os contabilizados na xornada de onte. Dúas persoas seguen ingresadas no HULA, pero ningunha delas na unidade de críticos. O resto (15) son atendidos nas súas casas.

Sen que se rexistraran novos falecementos relacionados coa pandemia, a cifra de vítimas mortais en Lugo mantense en 28. As altas epidemiolóxicas ascenden a 919 dende o comezo.

GALICIA

Segundo información da Consellería de Sanidade, a comunidade galega continúa coa súa tendencia de descenso nos casos de COVID-19: 341, oito menos ca onte. Hai sete pacientes en hospitais e ningún na UCI. En Galicia cóntanse 10.503 personas curadas e rexistráronse 619 falecementos.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...