InicioSociedadeLugo xa busca doantes de plasma entre os pacientes que superaron a...

Lugo xa busca doantes de plasma entre os pacientes que superaron a COVID-19

A pesar de que actualmente os contaxios son "anecdóticos", cómpre estar preparados ante un posible rebrote. Nese caso, serían de moita axuda as transfusións de plasma de persoas cun alto nivel de anticorpos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O director asistencial do Sergas en Lugo, o doutor Rafael Monte, informou de que o número de contaxios de COVID-19 é anecdótico” desde “hai días ou mesmo semanas”, pero lembra que non se pode baixar a garda ante un posible rebrote da enfermidade. Neste sentido, o sistema de saúde xa se está preparando e en Lugo búscase a posibles doantes de plasma que superaran a enfermidade.

A selección efectúase cando os pacientes acoden a unha consulta de revisión no HULA para comprobar se o coronavirus lles deixou efectos secundarios. Comezouse “polos pacientes que estiveron hospitalizados”, porque foron os que presentaron cadros máis graves, e superaron xa a enfermidade.

Ademais de comprobar o seu estado de saúde, “o obxectivo” tamén é identificar a persoas con “un nivel de anticorpos suficiente para poder servir como doantes de plasma”, de forma que poidan ser utilizados “como anticorpos neutralizantes en casos graves se se produce un rebrote da enfermidade”.

A neurocientífica Sonia Villapol, natural da Pastoriza e agora en Houston, explicaba nunha entrevista no Lugo Xornal a potencialidade destas transfusións de plasma na loita contra a pandemia. “Son a grande esperanza. Este tratamento pode axudar a sacar os enfermos máis críticos da UCI e reducir o tempo de hospitalización”, dicía.

CASOS “ESPORÁDICOS”

Rafael Monte sinalou que nestes momentos os “casos son moi esporádicos” e que non se percibe “un contaxio comunitario”. Os novos positivos detectados débense a “unha maior capacidade diagnóstica en Atención Primaria” que permite realizar test con resultados en 24 horas a persoas que apenas presentan síntomas, segundo explicou o director asistencial.

Porén, a pesar desa boa tendencia, cómpre estar alerta porque ninguén pode asegurar “o que pode suceder dentro de dúas semanas” ou no outono. De feito, Monte precisa que as medidas de prevención aconselladas polas autoridades sanitarias “viñeron para quedar”.


“As transfusións de plasma son a grande esperanza. Poden axudar a sacar os enfermos máis críticos da UCI”

ÚLTIMAS

O sector da limpeza en Lugo critica a petición de adiamento da patronal para decidir se acepta a mediación

Traballadores do sector da limpeza en Lugo criticaron "unha nova mostra do "absoluto desinterese"...

Unha persoa resulta ferida nun choque entre un camión cisterna e un coche en Abadín

Un camión cisterna que transportaba leite chocou contra un coche e envorcou en Abadín....

A que se debeu a grande expansión do lume no incendio de Baleira?

Os incendios que cada ano asolan Galicia destrúen a nosa paisaxe, o noso patrimonio...

Unha residencia de Vilalba deberá readmitir a unha empregada despedida por reivindicar mellores condicións laborais

O Xulgado do Social número 1 de Lugo declarou nulo o despedimento dunha traballadora...