InicioSociedadeVolven baixar os casos activos na área de Lugo ata situarse nos...

Volven baixar os casos activos na área de Lugo ata situarse nos 54

Non cambia a situación nos hospitais, con dúas persoas na UCI do HULA e outras dúas en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos que ofrece a Consellería de Sanidade sobre os casos activos de coronavirus por áreas sanitarias revelan un novo descenso no total de positivos en activo en Lugo. Logo de tres días con 58 positivos, a área de Lugo rexistra 54, catro menos. 

Esta baixada non afecta, neste caso, ao número de persoas con COVID-19 ingresadas nos hospitais da provincia. En concreto, dous pacientes seguen na UCI do HULA e outros dous están a ser atendidos en planta. Outros 50 pacientes —catro menos ca onte— permanecen nos seus domicilios.

Ademais, segundo a información facilitada por Sanidade, xa se documentaron 866 altas na provincia de Lugo; isto é, persoas que se consideran recuperadas por dar negativo nunha nova proba PCR ou por non presentar síntomas compatibles coa COVID-19 pasado un tempo.

No outro extremo, hai que lamentar 27 falecementos relacionados coa pandemia. Con todo, xa se contan máis de vinte días sen novas mortes en Lugo por este motivo. 

GALICIA

Na comunidade galega tamén segue minguando o número total de casos activos por coronavirus. Este  mércores 27, Sanidade contabiliza 823 positivos, dos cales só cinco permanecen na UCI. Outros 49 están hospitalizados en planta e 769 no seu domicilio.  Ata o de agora, rexistráronse 615 falecementos.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...