InicioSociedadeBaixan os casos da COVID-19 en Lugo logo do repunte deste venres

Baixan os casos da COVID-19 en Lugo logo do repunte deste venres

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de coronavirus en Galicia diminuíron ata os 1.510 afectados, 498 menos que o venres; á vez que se rexistraron 537 altas que elevan os recuperados ata os 8.820, segundo explicou este sábado a Consellería de Sanidade. Destaca a baixada de casos en Lugo, logo do pequeno aumento deste venres. Así, houbo unha baixada de 23 casos.

Así, hai 4 en UCI, igual que o venres (todos eles ingresados na UCI do HULA), 0 en hospitalización. Ningún dos hospitais da provincia ten nestes momentos ingresados pacientes Covid-19 nas súas unidades de hospitalización e hai 95 en domicilio (22 menos ca onte, cando se rexistraban 117 casos).

No conxunto de Galicia séguense rexistrando contaxios e os casos activos permanecen distribuídos nas áreas sanitarias, aínda que a maior parte concéntranse en Vigo, con 401 pacientes con COVID-19 (77 menos que o venres). Por detrás, A Coruña mantén 331 casos de coronavirus (-163), 277 Ourense (-43), 244 Santiago (-169), 99 Lugo (-23), 93 en Pontevedra (-14) e 65 en Ferrol (-9).

Respecto da atención que están a recibir os enfermos de coronavirus, as UCI galegas atenden a 19 pacientes (tres menos que onte), mentres que 102 permanecen en unidades de hospitalización e 1.389 nos seus domicilios.

As altas, pola súa banda, chegan aos 8.820 pacientes e as PCR realizadas nas últimas horas ascenden a 1.652, o que suma un total de 124.108 probas desde o inicio da pandemia na Comunidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...