InicioSociedadeFinalizan os tests nas residencias de Lugo con sete positivos entre os...

Finalizan os tests nas residencias de Lugo con sete positivos entre os usuarios

A Xunta informa doutros dous casos activos de persoas traballadoras nos centros dos maiores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, informou de que a administración autonómica completou a realización de tests a todos os usuarios e traballadores de residencias da provincia e, a día de hoxe, hai “sete residentes contaxiados sobre un total de 2.800″.Hai outros dous casos activos, que se corresponden con traballadores dos propios centros.

En concreto, segundo a última actualización de datos oficiais de Política Social, os usuarios con positivos activos atópanse na residencia de Cervo (3); na vivenda comunitaria Avime de Cospeito (1); na residencia da Milagrosa, en Lugo (1), na vivenda Vilaoudriz, na Pontenova (1); e na residencia Mirador del Eo, en Ribadeo (1).

O IMPORTANTE LABOR DO PERSOAL

Balseiro agradeceu hoxe “o traballo do persoal para lograr a contención do virus” no transcurso dunha videconferencia na que puido falar con representantes dos centros de maiores de Paradela, Outeiro de Rei, Baleira, Xove, Vilalba, Sober e Riotorto, todos eles sen casos activos a día de hoxe.

Tamén informou de que a Xunta forneceu as residencias de Lugo con arredor de medio millón de unidades de protección persoal contra o coronavirus. Esta semana completará outra entrega de 61.078 unidades.

+ posts

ÚLTIMAS

Iniciada a licitación de 59 vivendas públicas no barrio de Paradai en Lugo

A Xunta iniciou este martes o proceso de licitación para construír 59 novas vivendas...

O PSdeG denuncia o aval de Rueda ao “pacto do tanatorio” que permitiu a moción de censura en Lugo

A viceportavoz parlamentaria do PSdeG e exalcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Arroxo, candidato do BNG para 2027 en Lugo coa “convicción” de recuperar o goberno

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, formalizou este luns a...