Lugo non rexistra variacións no reconto de casos activos por coronavirus

Sanidade informa de 161 casos activos, con catro pacientes na Uci e un en planta.

A área sanitaria de Lugo non presenta modificacións este luns 11 de maio respecto dos casos activos de coronavirus. A cifra total de positivos mantense nos 161, igual ca onte, e cunha baixa presión hospitalaria.

En concreto, catro persoas permanecen nas Unidades de Coidados Intensivos. Dúas delas están na da Mariña, aínda que xa deron negativo nunha nova proba de COVID-19. Amais destes pacientes, hai un quinto que está ingresado na planta de hospitalización do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

O resto de positivos, 156, permanecen baixo atención hospitalaria a domicilio, tamén sen variacións dende o pasado domingo. Segundo datos de Sanidade, xa se recuperaron do virus un total de 715  persoas, mais hai que lamentar 27 vítimas mortais na provincia.

GALICIA

Para o conxunto galego, os datos amosan un total de 2.631 casos activos, o que supón un descenso de 72 positivos respecto do reconto anterior. A Consellería de Sanidade informa de 593 falecementos, dos cales máis do 45% se correspondían con persoas que vivían en residencias de maiores. 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here