InicioSociedadeLugo rexistra 166 casos activos por coronavirus, con catro persoas na Uci

Lugo rexistra 166 casos activos por coronavirus, con catro persoas na Uci

Redúcese moi levemente o número total de positivos na área sanitaria, que cada vez ten menos presión hospitalaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este sábado 9 de maio un total de 166 casos activos por coronavirus, un menos ca os contabilizados onte. Redúcese, así mesmo, a listaxe de persoas positivas atendidas nos hospitais, segundo a Consellería de Sanidade.

En concreto, permanecen catro persoas nas Unidades de Coidados Intensivos (-2). Todas elas están na do HULA, mentres que na do Hospital da Mariña seguen ingresadas dous pacientes que contraeran o virus pero que agora mesmo xa son negativos nas probas de COVID-19.

Por outra parte, dúas persoas continúan hospitalizadas en planta: unha no Hospital Universitario Lucus Augusti e outra —o patrón do Notre Dame— no Hospital da Mariña.  O groso da listaxe séguena ocupando os positivos que están a ser atendidos nos seus domicilios: son 160, un máis ca no día de onte.

Ademais, Sanidade informa de 710 persoas curadas —con negativo no test PCR ou sen síntomas pasado un tempo—. Ata o momento, producíronse 27 falecementos na provincia.

GALICIA

Na comunidade galega, os casos activos ascenden a 2.758 (+31), con 591 falecementos.  Mentres tanto, as altas aumentan en 87, ata as 7.225.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...