InicioSociedadeOs concellos a cabalo de Lugo e Asturias piden flexibilizar a mobilidade...

Os concellos a cabalo de Lugo e Asturias piden flexibilizar a mobilidade entre municipios lindeiros

A asociación InterEo, na cal se integran A Fonsagrada, Baleira, Negueira e Ribeira de Piquín, sinala que se perderá "o 50% dos recursos" ao non estaren permitidos os desprazamentos interprovinciais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación InterEo, que forman 14 municipios da provincia de Lugo e de Asturias, enviou unha carta ás delegacións do Goberno no Principado e en Galicia na que, trala aprobación do plan de desescalada que contempla a provincia como elemento referencial de mobilidade territorial, reclama que se flexibilicen os desprazamentos por concellos limítrofes. Sitúan como referencia máxima os dous municipios arredor das fronteiras entre as dúas comunidades.

O colectivo de municipios, que engloba sete concellos galegos —A Fonsagrada, A Pontenova, Baleira, Negueira de Muñiz, Ribadeo, Ribeira de Piquín e Trabada—  e outros tantos asturianos —Castropol, San Martín de Oscos, San Tirso de Abres, Santa Eulalia de Oscos, Taramundi, Vegadeo e Villanueva de Oscos—, remarca na misiva que a agrupación é “un reflexo da relación socioeconómica dos nosos veciños”.

“Se nos quitan a mobilidade entre concellos limítrofes é como quitarnos o 50% dos nosos recursos”, lamentan na carta. Familias separadas, propiedades repartidas entre as dúas comunidades ou unha menor incidencia do coronavirus nesta área son outras das xustificacións que alegan. Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...