InicioSociedadeAs perruquerías que volven á normalidade: grandes listas de espera e moita...

As perruquerías que volven á normalidade: grandes listas de espera e moita limpeza

Dende a Asociación de Empresarios de Perruquería e Estética de Lugo falan de reducións nos cadros de persoal para tentar manter as distancias de seguridade. Outras medidas serían a colocación de biombos, a desinfección con ozono ou as salas específicas para a atención de colectivos vulnerables.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Perruquerías e algúns comercios pequenos abriron este luns as portas con cita previa, no marco do comezo da fase 0 de desescalada. Grandes listas de espera, unha extrema hixiene e un cadro de persoal reducido son as constantes na reapertura deste tipo de establecementos.

A voceira da Asociación de Empresarios de Perruquería e Estética da provincia de Lugo, Miriam Pérez, explicou que o seu salón de beleza acumula unha lista de espera de dúas semanas, situación que é común aos distintos locais repartidos por toda a provincia tras case dous meses de peche.

Pérez tamén sinala que diminuíu nun 30% o persoal do seu salón de beleza de Lugo para tentar garantir as distancias de seguridade. Algunhas perruquerías tiveron que colocar biombos e incrementar o espazo entre os asentos nos que se atenden os clientes, aínda que a voceira do sector en Lugo optou pola vaporización de ozono. 

Desinféctase o calzado dos usuarios e o persoal traballa con equipos de protección individual (EPI’s). Ademais, a atención a colectivos vulnerables lévase a cabo nunha sala diferenciada e de modo individual.

Con todo, Miriam Pérez coincide con compañeiros de sector que traballan noutras provincias á hora de lamentar a pouca antelación coa que se dispuxo a normativa sobre o material de protección necesario.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...