Home Cultura Falece a poeta mariñá Luz Pozo Garza, voz esencial da literatura galega

Falece a poeta mariñá Luz Pozo Garza, voz esencial da literatura galega

0
Falece a poeta mariñá Luz Pozo Garza, voz esencial da literatura galega
Luz Pozo Garza. AXM

A poeta Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo no 1922, finou este luns na Coruña, a cidade na que residía desde finais dos anos 80. A súa é unha das voces esenciais das letras galegas da segunda metade do século XX, segundo remarcou a Real Academia Galega (RAG) nun comunicado. A escritora foi recoñecida como Filla Predilecta do municipio ribadense e Filla Adoptiva de Viveiro, onde a Escola Oficial de Idiomas (EOI) leva o seu nome.

Pozo Garza pasou a Guerra Civil entre Lugo (instalada no mesmo edificio ca Luís Pimentel) e Marrocos, seguindo canda a súa nai o pai, que fora encadeado pola súa condición de militante republicano. Aqueles anos deixaron unha fonda pegada na escritora, que perdeu na fronte o único irmán que tantas veces lembraría.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here