InicioSociedadeA Deputación instala sistemas de medición de temperatura nos seus centros de...

A Deputación instala sistemas de medición de temperatura nos seus centros de traballo

O ente provincial segue coa preparación para a volta paulatina ao traballo presencial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación provincial de Lugo destacou que o ente provincial continúa coa adopción de medidas de prevención e seguridade fronte ao coronavirus COVID-19 para asegurar minimizar o risco de contaxio cando se produza a gradual volta ao traballo e a atención presencial nas dependencias provinciais.

Respecto diso, o presidente provincial, José Tomé, afirmou que “están preparados para afrontar con garantías o plan de desescalada avanzado polas autoridades sanitarias”. Á súa vez dixo que se “instalarán sistemas de medición de temperatura corporal” en cada un dos centros de traballo para detectar “calquera anomalía entres as persoas que traballen no organismo provincial” ou a “cidadanía que acuda ás dependencias provinciais”.

Tomé tamén avanzou que se dotará ao parque móbil de “dúas máquinas de ozono” para a desinfección dos seus vehículos, uns cincuenta. O aforamento tamén se verá “limitado nos edificios provinciais” co fin de que “non se produzan grandes concentracións de xente” e se poida respectar en todo momento “a distancia de seguridade de dous metros”, aseverou.

Todas estas decisións que toma a Deputación de Lugo seguen a premisa da “incorporación do persoal ao traballo presencial” para que este se faga “coas máximas garantías de protección e coa mellor eficacia de atención á cidadanía e aos concellos”, comentou José Tomé. Con todas estas medidas o ente provincial completa os “protocolos de protección específicos para cada centro de traballo”, concluíu o presidente da institución.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...