InicioSociedadeFalece unha muller con COVID-19 que tiña atención domiciliaria na área sanitaria...

Falece unha muller con COVID-19 que tiña atención domiciliaria na área sanitaria de Lugo

Coa morte desta dona de 75 anos, a primeira da provincia que falece con COVID-19 na súa casa, xa se suman 26 vítimas mortais da pandemia en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 75 anos diagnosticada de coronavirus faleceu nas últimas horas na área sanitaria de Lugo. A dona permanecía baixo atención hospitalaria a domicilio e presentaba patoloxías previas, segundo fontes da Consellería de Sanidade.

Trátase da primeira persoa na provincia de Lugo que morreu con coronavirus na súa casa, en base aos datos que facilita o Sergas. O resto de falecementos foron rexistrados nos tres hospitais públicos da área sanitaria e nunha residencia de maiores de Foz.

Con este falecemento, a provincia de Lugo xa alcanza as 26 vítimas mortais pola pandemia da COVID-19. Onte, un octoxenario que estaba no HULA e un nonaxenario que ingresou en Monforte foron as dúas últimas persoas finadas.

472 MORTES EN GALICIA

En canto ao conxunto galego, o coronavirus xa levou a vida de 472 persoas na comunidade. Un dos últimos decesos foi o dun home de 35 anos ingresado no Complexo Hospitalario de Santiago.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...