Home A Ulloa Un sanitario de Lugo dá positivo tras usar unhas máscaras defectuosas

Un sanitario de Lugo dá positivo tras usar unhas máscaras defectuosas

0
Un sanitario de Lugo dá positivo tras usar unhas máscaras defectuosas
Un mozo coloca unha máscara para protexerse contra o coronavirus | ConSalud

EFE | Os test realizados polo Servizo Galego de Saúde aos profesionais sanitarios que utilizaron unha partida de máscaras defectuosas destaparon un caso positivo na provincia de Lugo. Ademais, os resultados doutros cinco sanitarios deron con IgG positivo, algo que indica que están inmunizados fronte ao virus porque probablemente xa pasarían a enfermidade.

Segundo informou o propio Sergas, desenvolvéronse 160 probas entre os sanitarios da provincia. Déuselles prioridade a aqueles que traballaron en áreas con pacientes de COVID-19 e a aqueles “que usaron as máscaras remitidas polo Ministerio de Sanidade” e que posteriormente foron retiradas ao informar o Goberno de que non cumprían coa normativa axeitada.

Tras recibir os resultados, só un profesional aparece contaxiado, mentres que outros cinco xa desenvolveron anticorpos, seguramente por ter superado xa o virus.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here