InicioSociedadeA xuíza investiga se houbo maltrato continuado na residencia de Burón

A xuíza investiga se houbo maltrato continuado na residencia de Burón

Este xoves 16 de abril prestaron declaración en calidade de investigadas tres persoas vinculadas á dirección do centro fonsagradino, ademais de catro traballadoras

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Sete persoas do cadro de persoal e da dirección das vivendas comunitarias Burón I e II prestaron declaración este xoves no xulgado da Fonsagrada como investigadas. Foi no marco dunha causa por posibles “malos tratos habituais e continuado” neste centro privado, pechado cautelarmente pola Xunta.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), foron citadas catro traballadoras e tres persoas vinculadas á dirección do centro, concretamente a dona, o marido e mais o fillo.  Tamén prestaron declaración en sede xudicial outros catro profesionais non relacionados co centro en cuestión, pero no seu caso en calidade de testemuñas.

A causa aberta polo Xulgado da Fonsagrada séguese por uns “posibles malos tratos habituais e continuado e, eventualmente, por un delito contra os dereitos dos traballadores”.

A Xunta de Galicia tomou a decisión de clausurar ambas vivendas comunitarias despois dunha inspección provocada por un informe dos Servizos Sociais do Concello da Fonsagrada, que recibiu unha denuncia anónima, acompañada de material fotográfico, sobre supostos “malos tratos” na residencia.

Os 29 anciáns que residían nestas instalacións foron trasladados ao HULA para ser sometidos a unha revisión médica e a Xunta de Galicia ofreceulles ás súas familias a posibilidade de trasladalos á residencia pública do Carballiño, en Ourense. Os cinco usuarios naturais da Fonsagrada xa teñen praza reservada no Residencial Rois, de titularidade provincial e situado nesta localidade da Montaña luguesa.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...