InicioSociedadeMantense invariable o número total de casos activos por coronavirus en Lugo

Mantense invariable o número total de casos activos por coronavirus en Lugo

Mingua o número de persoas hospitalizadas, o que supón certo respiro para os hospitais. Na outra cara da moeda, aumentan as vítimas mortais na provincia tras o falecemento dun home de 78 anos en Monforte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo non rexistrou ningún novo caso activo por coronavirus, segundo a última actualización da Consellería de Sanidade. Os positivos confirmados mantéñense en 563, os mesmos ca os rexistrados na xornada de onte. Aínda así, este martes coñeceuse o falecemento dun varón de 78 anos ingresado no Hospital de Monforte.

Deses 563 diagnosticados, quince persoas permanecen na UCI, o que supón un lixeiro aumento (+1). Once delas están a ser atendidas no HULA e o resto no Hospital Público da Mariña. Porén, minguou notablemente o número de persoas hospitalizadas (-15) ata situarse nas 65, de maneira que se reduce a presión nos centros sanitarios. O número de pacientes que están a ser atendidos nos seus domicilios aumentou en 16 persoas, ata chegar aos 483.

Por outro lado, a área sanitaria sumou outras 16 altas dende o luns, que agora fan un total de 57 ata o día de hoxe. Ademais, este martes o HULA viviu un momento especialmente emotivo, xa que por primeira vez unha paciente ingresada na UCI por coronavirus recibía a alta. Os profesionais sanitarios celebraron con aplausos e vítores o seu paso a planta.

Na outra cara da moeda, tamén aumentaron os falecementos na provincia (16, en total), coa morte dun home en Monforte.

GALICIA

Sanidade informou tamén dos casos activos no conxunto da comunidade galega: 5.435 positivos, 93 máis ca este luns. Tamén se incrementaron as altas, ao pasaren de 610 ás 688. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...