InicioSociedadeUn taller de costura aberto no mes de febreiro en Lugo doou...

Un taller de costura aberto no mes de febreiro en Lugo doou máis de mil máscaras de protección

"Tocounos vivir un momento duro, pero se todos aportamos o noso gran de area sairemos desta", din dende 'Troita de pé', o establacemento onde elaboran material con tea cedida por mercerías da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O taller de costura ‘Troita de Pé’ fixo entrega na Comandancia da Garda Civil de Lugo de 1.100 máscaras de protección confeccionadas polos seus alumnos.

Segundo informou a propia Garda Civil, as máscaras foron elaboradas nos últimos días polos alumnos e profesores da escola, que abriu as súas portas hai un par de meses. “Tocounos vivir un dos momentos máis duros, pero se todos aportamos o noso gran de area sairemos desta”, sosteñen.

Así, puxéronse mans á obra coa colaboración de once costureiras profesionais da comarca de Lugo. A tea para a confección das máscaras foi cedida de maneira solidaria por “mercerías e tendas de teas” de Lugo.

Nas redes sociais de ‘Troita de pé’ ofrécense a seguir cosendo máscaras para servir de axuda durante esta emerxencia sanitaria. “Se alguén sabe dalgún sitio, residencia, asociación, colectivo… que as necesite, que se poña en contacto con nós e estaremos encantados de axudar en todo o posible!”, aseguran.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...