InicioSociedadeO Concello de Lugo pide que non se pechen os colectores do...

O Concello de Lugo pide que non se pechen os colectores do lixo mentres dure a crise sanitaria

Esta medida tenta minimizar os contactos co mobiliario urbano para evitar novos contaxios de coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo fai un chamamento cidadán para estender a petición de manter abertos os colectores de lixo de carga traseira mentres dure a crise sanitaria. O edil responsable, Álvaro Santos sinala que se trata dun pequeno xesto pero, en cambio, fundamental para evitar novos contaxios.

“Dende que se decretou o Estado de Alarma os operarios do servizo municipal de limpeza, logo de recoller os desperdicios, deixan abertos este tipo de contedores para evitar que os usuarios teñan que tocalos cando van depositar os seus refugallos”, explican. Por iso, solicitan a colaboración de toda a veciñanza para que cando os vexan destapados non os pechen.

Santos Ramos indicou que a administración local está tratando de difundir esta mensaxe a través das redes sociais e dos medios de comunicación “pero, sabemos que o boca a boca é o altofalante máis eficaz, por iso tamén lle pedimos a todas e todos os lucenses que divulguen esta medida entre os seus contactos e mesmo nas comunidades onde residan”.

MÁXIMA HIXIENE

O concelleiro de Medio Ambiente subliñou igualmente a importancia de extremar a hixiene persoal e recomendou “lavar frecuentemente as mans con auga e xabón e portar sempre un par de luvas, por se fora inevitable entrar en contacto con algún elemento do mobiliario urbano. Toda a cidade, incluídas as dotacións que están na vía pública como papeleiras, bancos, varandas, marquesiñas do bus e, por suposto, os colectores son desinfectados periodicamente, sen embargo é fundamental que, a nivel individual, tomemos todas as precaucións posibles para non propagar o coronavirus”.

Así mesmo lembrou que nestes momentos se mantén suspendido o servizo de retirada de voluminosos, polo que, dende a área de Medio Ambiente se insta á poboación a evitar desbotar este tipo de obxectos na rúa e recorda que, por outra banda, existe outro servizo específico de recollida a domicilio para aquelas persoas diagnosticadas da Covid-19 que poden solicitar chamando ao teléfono 092, da Policía Local.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...