InicioSociedadeUnha muller de 91 anos, terceira falecida por coronavirus no HULA neste...

Unha muller de 91 anos, terceira falecida por coronavirus no HULA neste primeiro de abril

O Sergas xa informara da morte de dous homes de 71 e 91 anos. En total, contabilízanse dez pacientes finados pola Covid-19 na provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 91 anos infectada con coronavirus, e con patoloxías previas, faleceu no día de hoxe no Hospital Universitario Lucus Augusti, segundo informa a Consellería de Sanidade.

Trátase da terceira vítima mortal rexistrada no HULA pola Covid-19 durante este primeiro de abril. Os outros dous falecementos correspóndense con dous homes, de 71 e 91 anos, respectivamente. 

DATOS PARA A ÁREA SANITARIA

En total, o Sergas contabiliza dez mortes de pacientes de coronavirus na área sanitaria de Lugo. Na última actualización de datos, o número de positivos ascende a 456, pero fréase a hospitalización.

+ posts

ÚLTIMAS

Darío Villanueva será Fillo Predilecto de Vilalba pese absterse o BNG e non ter a unanimidade do pleno

Darío Villanueva será nomeado Fillo Predilecto de Vilalba despois de que a proposta por...

Besteiro pechará a campaña en Lugo

Os principais partidos de Galicia teñen unhas apertadas axendas para a xornada final da...

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...