InicioSociedadeUnha tinturería de Lugo ofrécese a lavar gratis os uniformes das forzas...

Unha tinturería de Lugo ofrécese a lavar gratis os uniformes das forzas de seguridade durante o estado de alarma

PUBLICADA O

- Advertisement -

Non cesan de aparecer mostras de colaboración cidadá durante estes días raros. Cadaquén aporta o seu gran de area da maneira que pode. Os responsables de Tintorería Lucense anunciaron nas súas redes que lavarían os uniformes dos corpos e forzas de seguridade durante o estado de alarma sen ningún tipo de custo.

Non leves o uniforme a lavar á casa. Evita posibles contaxios“, sosteñen nesta tinturería, emprazada na rúa Quiroga de Lugo. Fano, en primeiro lugar, “como medida preventiva” para frear a posible propagación do virus na roupa de traballo, “pero tamén porque entendemos a carga laboral que estes días están vivindo” os axentes de Policía ou Garda Civil.

É a súa maneira de contribuír “a que o pouco tempo dispoñible para o seu descanso non teñan que dedicalo a este tema“. “Xa nos encargamos nós”, afirman. A proposta foi moi ben acollida pola cidadanía, que non tardou en amosar o seu agradecemento aos promotores da idea.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...