InicioSociedadeNati, veciña da Mariña: "Hai días que fago máscaras ata as dúas...

Nati, veciña da Mariña: “Hai días que fago máscaras ata as dúas da mañá”

A cervense Nati Fernández elabora elementos de protección cun material especial cedido grazas a unha colaboración entre Alcoa e o Concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cervense Nati Fernández leva preto dunha semana, desde que se decretou o estado de alarma por mor do coronavirus, fabricando máscaras de xeito altruísta para abastecer a profesionais que teñan traballo de cara ao público, como persoal sanitario ou de seguridade.

Nati comezou a coser con tea de algodón da súa propiedade, pero agora dispón de material especial cedido por Alcoa para fabricar as máscaras, logo distribuídas polos Servizos Sociais do Concello de Cervo.

“Hoxe comecei no taller ás 9:30 horas e probablemente acabarei ás 21:00 horas. Pero vou comer á casa, eh?”, sorrí, aínda que nos días de maior demanda o traballo é distinto. “Seguín na casa e cheguei a facelas ata as dúas da mañá”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...