InicioSociedadeUnha lucense versiona a famosa canción 'Tusa' e anima a 'tusir na...

Unha lucense versiona a famosa canción ‘Tusa’ e anima a ‘tusir na casa’ para non propagar o virus

A ritmo do reggaeton de Karol G e Nicki Minaj, esta moza trata de concienciar á xente da necesidade de gardar a corentena: "Non me tusas ao carón e por favor lavade as mans. Na casa tamén podes perrear", canta no seu Instagram.

PUBLICADA O

- Advertisement -

En tempos de corentena, a música e o humor convértense nuns dos mellores aliados. O aburrimento pode impulsar a creatividade e as redes sociais énchense de propostas de entretemento para axudar a pasar os días de peche. Un exemplo é un vídeo que compartiu a lucense Xeila Juanes no seu Instagram, onde versiona a famosa Tusa‘ de Karol G e Nicki Minaj para adaptala á situación que nos tocou vivir por mor do coronavirus.

“Xa non tes escusa. Tes que quedar na casa, teñas gripe ou non tusas”. Así comezan os primeiros versos da ‘Tusa, de tusir na casa’, como escribe ela. Esta versión, que recolle referencias explícitas á cidade de Lugo, procura facer rir e concienciar á xente da necesidade de non saír da vivenda para non propagar o virus.

Velaí o vídeo, que xa leva máis de 2.000 reproducións nun só día:

Ver esta publicación en Instagram

 

Dadas as peticiois para compartir o invento aquí vos deixo a Tusa de tusir na casa. @tvgalicia por si.

Una publicación compartida de Xeila Juanes (@taxagaro) el

ÚLTIMAS

Unha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

Unha colisión frontal entre dous vehículos deixou varias persoas feridas leves en Láncara durante...

O PP de Lugo rexeita as acusacións do PSOE contra Elena Candia

O PP de Lugo respondeu con "absoluta rotundidade" ás "graves acusacións" do PSOE lucense...

O PSOE de Lugo esixe a dimisión de Elena Candia tras o arquivo da “Operación Polbo”

O PSOE de Lugo reclamou este sábado “responsabilidades políticas” á vicepresidenta do Parlamento e...

Saída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

Un total de catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía co seu vehículo...