A comunidade galega aínda non chegou ao seu peor momento polo contaxio do coronavirus. “Estamos na metade de incidencia de España pero non significa que non teñamos incremento de contaxios”, dixo este domingo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Así, confirmou o gran incremento de casos que se deron desde o pasado venres. “O pico de contaxio vai seguir subindo porque o número de persoas que se moveu nos últimos días agora é máis vulnerable, aínda que agardo que a confinación nas casas reduza iso dos que viñeron e dos que están aquí”, dixo en alusión á xente procedente doutras autonomías.
Podes ler toda a información no Galicia Confidencial.