InicioSociedadeEstudan un primeiro caso de coronavirus na provincia de Lugo

Estudan un primeiro caso de coronavirus na provincia de Lugo

Tratariase dun home de Foz que está ingresado e illado no HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de Foz de 60 anos deu positivo á primeira proba de coronavirus. O doente ingresou o pasado domingo no Hospital Público da Mariña por unha neumonía e o test de Reacción en Cadea da Polimerase (PCR, polas siglas en inglés). O pasado luns foi trasladado pola noite a Lugo, ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), onde permanece illado e, en principio, estable. Actualmente está á espera do segundo test, que se realiza en Madrid.

A Xunta agarda as probas realizadas en Majadahonda, onde está o laboratorio de referencia para certificar o positivo, tras a primeira proba realizada polo Sergas. Segundo publica El Progreso, o doente viaxara a Madrid, un dos principais focos estatais, para ver uns familiares.

O xerente do HULA, Ramon Ares, ratificou que este paciente “está ingresado en Lugo”, onde a situación é “tranquila”, engadiu. “Hai un caso en estudo”, o primeiro con positivo na provincia de Lugo á espera de confirmación por parte do laboratorio de Madrid. Sobre iso, o xerente do HULA asegurou que o paciente se atopa “estable”. “Estamos preparados”, sentenciou Ares en relación ao traballo do hospital relativo ao coronavirus.

Tamén aproveitou para transmitir “tranquilidade á poboación, coas medidas que trasladan de ter coidado, fundamentalmente, cos contactos”. “Estamos a falar dunha situación que afecta a determinadas persoas en contacto con determinadas zonas, pero a situación é normal”, subliñou. “O que está a traballar é o servizo de vixilancia epidemiolóxica e o servizo de medicamento preventivo, pero é a Consellería a que dá información destes casos”, insistiu.

EX ALCALDE DE FOZ

Pola súa banda, o ex alcalde de Foz Javier Castiñeira confirmou que se trata dun veciño deste municipio “e está por valorar unha segunda impresión (sobre o positivo), pero si é certo queesa situación é complicada para o pobo”.

“É unha familia que fai vida no pobo (Foz) e hai certa incertezanese sentido. Hai que pedir calma, pero si é certo que se se nos instala na Mariña é un foco máis que complica a vida social do pobo, aínda que é certo que confiamos nas autoridades en xeral”, concluíu.

18 CASOS EN GALICIA

O pasado luns, a Consellería de Sanidade confirmara a partir das análises do Centro Nacional de Microbioloxía un total de 18 casos na comunidade galega, trece na área da Coruña, catro na de Vigo e un na de Ourense. Polo tanto, o deste focego sería o primeiro positivo por coronavirus da provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...