InicioSociedadeCando a seguridade é o que menos se ten en conta na...

Cando a seguridade é o que menos se ten en conta na vida dun mariñeiro

As cifras de mortos en naufraxios durante a actividade pesqueira subiu fronte aos accidentes comúns. O sorprendente é que haxa voces denunciando a falta de investimento en seguridade laboral por ser considerado un investimento que pode influír na sobrepesca dos caladoiros.

PUBLICADA O

En total, Galicia conta con case 21.000 persoas traballando no sector pesqueiro, tanto por conta allea como por conta propia. É un dos sectores económicos con maior peso na economía do país. Pola contra, o seu peso económico non explica a mortandade en accidentes laborais no mar. Os investimentos en seguridade laboral, segundo as fontes consultadas para esta reportaxe, son asequibles, ás veces máis que materiais de pesca. Entón, que sucede no sector? “O máis necesario é harmonizar as diferentes lexislacións en materia pesqueira, porque existen os acordos internacionais, os acordos dentro da UE, as lexislacións nacionais e logo as autonómicas” di Juan Manuel Trujillo de CCOO. A precarización laboral dentro da pesca tamén é un factor que pon en risco as tripulacións. Dita precarización, segundo Manuel Caamaño, da CUT, está ligada a factores como o sobreesforzo laboral. “Existen medios mesmo para controlar os barcos que veñen da NAFO para que non sobrepasen a cota, e non existe a obriga para que haxa traxes de salvamento abordo” sinala Xabier Aboi da CIG-Mar. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Un detido en Lugo por unha suposta agresión sexual a unha menor durante a Noitevella

Un home de 24 anos foi detido en Lugo por participar nunha suposta agresión...

Reabre o viaduto do Castro dous anos e medio despois do derrube

Galicia e Castela e León volven estar unidas pola A-6 dous anos e medio...

Detida unha parella na Ronda das Fontiñas por agredir aos policías que os identificaron tras un accidente

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home e unha muller como presuntos autores...

Luz verde aos 22 millóns de euros do Plan Deputación 2025

O Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres, no seu Pleno ordinario, as bases...