InicioSociedadeLugo superou todos os récords de calor o pasado febreiro

Lugo superou todos os récords de calor o pasado febreiro

Foi a provincia con máis suba das temperaturas, catro graos por riba do normal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia acaba de despedir o febreiro máis caloroso das últimas décadas, segundo as principais conclusións do avance do informe climático de Meteogalicia, órgano dependente da Consellería de Medio Ambiente. Un mes no que Lugo foi a provincia cos rexistros máis cálidos de toda Galicia.

Este estudo, do que informou a Xunta nun comunicado, sinala que, en xeral, foi un mes seco e moi cálido no conxunto da comunidade se se compara co período histórico que se utiliza como referencia.

En xeral e tendo en conta os rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas, a temperatura media en Galicia situouse 2,71 graos por encima do valor esperado para esta época. Esta anomalía positiva é histórica xa que, segundo recóllese no informe mensual, non existe ningún procedente que supere este dato desde 1961, sendo o que máis se lle aproxima ao valor de 1990.

En canto ao comportamento por comarcas, os termómetros situáronse por encima da media histórica en toda a comunidade, alcanzándose os valores máis elevados na provincia de Lugo, sobre todo no leste, onde moitas localidades rexistraron anomalías que superaron os 4 graos. Toda a información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...