InicioSociedadeProfesionais rebaixan a "histeria" do coronavirus: é máis unha alarma social ca...

Profesionais rebaixan a “histeria” do coronavirus: é máis unha alarma social ca un perigo real

O coronavirus segue a propagarse polo mundo e, cabo del, tamén a alerta social. Os establecementos farmacéuticos xa non son quen de satisfacer a demanda de máscaras e líquido hixienizante, pero os profesionais coinciden: tal nerviosismo non ten xustificación. Os principais afectados, pacientes que realmente os necesitan por tratamentos oncolóxicos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Cada persoa que entra pola porta pide máscaras”. O coronavirus aínda non chegou a Galicia pero os seus efectos xa hai varios días que se senten entre a poboación. As farmacias levan dúas semanas desabastecidas de máscaras e o xel hixienizante vai polo mesmo camiño. Mais, realmente está xustificada esta alarma social? É efectivo e é necesario camiñar pola rúa protexido coa máscara?

Os relatos das farmacéuticas coinciden: o que estamos vivindo trátase máis dunha alarma social ca dun perigo real. “Dende que apareceron os casos de Italia, a xente veo moi cerca, pero a alarma que se xera non está xustificada. A xente está obsesionada”, comenta Teresa Alonso, da Farmacia Reviejo na Coruña. Segundo di, nestes días pasan pola farmacia decenas de persoas buscando máscaras, que levan semanas esgotadas en todo o Estado.

A estampa repítese no resto de establecementos. “Xa non temos ningunha e están imposibles de conseguir, e co líquido hixienizante acabaron este martes”, conta agora Javier Rodríguez, da Farmacia Vite, en Compostela. Concretamente nesta semana foi cando se fixo notar máis o balbordo nas farmacias: “o luns comezou un pouco de histeria colectiva“, relata Luísa, da Farmacia San Roque. Esta farmacéutica, que coincide no relato co resto de entrevistados, asegura que a xente non demanda información de profesionais. “Vén a tiro fixo a por máscaras, e Google fai moito dano…”, advirte.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Complicacións na montaña de Lugo pola neve e o xeo

A Deputación de Lugo traballa desde este luns para facer fronte a un episodio...

A Garda Civil apunta ao factor humano no accidente mortal da A-8 en Guitiriz

A Garda Civil de Tráfico fíxose cargo da investigación do accidente do pasado venres...

O PSdeG confía en que o goberno de Lugo aprobe os orzamentos tras a saída de María Reigosa

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, mostrou a súa confianza en que...

Once empresas optan ás obras do tramo final da autovía AG-22 entre Lugo e Sarria

A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para executar o último tramo da autovía...