InicioSociedadeAsí é o votante de Lugo: envellecido e rural

Así é o votante de Lugo: envellecido e rural

Hai máis votantes de 85 anos que de menos de 30.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O censo electoral confirma a situación poboacional de Galicia, unha das cuestións políticas que marcou este final da lexislatura na que o Goberno galego chegou a promover, sen que se aprobou finalmente no Parlamento, unha lei de impulso demográfico.

Os comicios do próximo 5 de abril deixan un dato fiel espello do envellecemento da poboación galega e dos movementos migratorios na Galicia interior: o maior colectivo de votantes residentes en Ourense supera os 85 anos; mentres que na comunidade hai case tantos chamados ás urnas dese tramo de idade como entre os 18 e os 24 anos.

Non tan acusado, pero que tamén ensina a foto da ‘Galicia Baleira’ –na Comunidade galega hai unha plataforma que así se chama e que busca revitalizar o rural e evitar o despoboamento nas provincias non atlánticas–, é o caso de Lugo. Nesta circunscrición o colectivo máis numeroso é o que ten entre 55 e 59 anos, con 24.713 votantes; seguido dos que contan entre 50 e 54 anos, con 24.123 electores. Pero basta con ir ao terceiro posto para ver que os maiores de 85 anos conforman o colectivo que aglutina máis electores, con 23.857 –15.153 mulleres e 8.704 homes–, despois dos dous mencionados.

O número de mozos con 18 ou 19 anos é de apenas 4.251 anos –repartidos ao 50 por cento entre mozas e mozos–, mentres que entre 20 e 24 anos, teñen dereito a voto 10.735 persoas. Son, de feito, os grupos de idade con menos números de votantes na provincia. Podes ler toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...