InicioSociedadeVÍDEO | A 'ruta do grelo' : mulleres que venden feixes de...

VÍDEO | A ‘ruta do grelo’ : mulleres que venden feixes de verdura ao pé das estradas

Coches e camións detéñense na beira da vía cando ven algún posto de hortalizas. "Quería unha brazada de cimos. A canto van?" Co acougo que dan os anos, estas mulleres persisten nun labor que vai moito máis alá daquilo que ofrecen: elas tecen relacións duradeiras e dotan de identidade os lugares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Aínda que o mundo siga xirando, aínda que a súa contorna vaia cambiando, elas sempre prevalecen, alí, ao pé da súa vivenda, esperando por aquel que pare en busca dunha atención cálida e dun produto de calidade. Son mulleres que levan toda unha vida ao coidado das súas casas e da súa horta. Cada mañá, preparan un postiño de madeira con mel e grelos que acaban de recoller e colócanse diante da casa, ao carón da estrada.

Alí sentan, coa paciencia que lles dá a experiencia, e esperan. De vez en cando, algún dos coches ou dos camións que pasan fugaces pola estrada detense fronte a elas. ‘Quería un feixe de grelos… A canto van?‘. Aí comeza todo un negocio que leva décadas sendo sustento das familias. Un negocio que manexan elas, protexidas do frío do inverno con xerseis gordos e mandiles a cadros. De gañarse a vida, saben ben. Fixeron da N-550, dende Deixebre e ata a entrada de Ordes, un espazo non só para a economía, senón tamén onde tecer unhas relacións sociais duradeiras.

40 ANOS A PÉ DE ASFALTO

Elvira vive nunha casa cativa ao carón da estrada, e diante dela, a pouco máis de dous metros da propia vía, ten preparadas dúas mesas cheas de grelos e mais unha cadeira de plástico para se sentar. Fai memoria, en todos os sentidos. “Moita xente maior que levaba a catro e a cinco agora levan a unha e a dúas porque os netos non lle queren os grelos!”. Un medio sorriso aprópiase dela mentres analiza os cambios de alimentación e de costumes que afectan o seu labor diario. “De paso que fago a limpeza e fago a comida tamén vendo algo se teño a quen”. Ela encárgase do de fóra e mais do de dentro.

Á parte dos que planta na súa horta, mércalle o resto de produción que precisa ás mulleres das aldeas do arredor. Elas son o núcleo de toda unha rede de mercadorías centrada nos grelos que soben e baixan pola N-550. O que máis se valora do produto é que é rico e natural. “Estamos na zona propia para os grelos”, di agora María, outra das mulleres que se coloca ao carón da estrada. O can avísaa sen erro de cando alguén aparca o coche na súa casa para mercar, e ela axiña sae á porta para atender. “Hai que ter conta deles!”. A súa irmá leva poñendo o posto máis de 40 anos e ela comezou cando se xubilou do restaurante no que traballaba en Ordes. [ Podes ler toda a reportaxe de Uxía Iglesias no Galicia Confidencial ]

ÚLTIMAS

Ofertan 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía do sector da alimentación de Lugo

Adecco publicou este mércores unha oferta de emprego de 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía...

Dous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

A Policía Local de Lugo informou de que, o pasado 28 de marzo, localizou na Avenida...

Miguel Fernández elude situarse sobre os candidatos a presidir o PSOE provincial

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, eludiu situarse e explicar a que candidato apoiará no...

Conduce cara o centro de Lugo superando 7 veces a taxa de alcol, co permiso sen vixencia e facendo eses

A Policía Local de Lugo interveu a pasada madrugada a un condutor que superaba sete veces a...