InicioSociedadeO PP pide reactivar en Lugo a Mesa contra a Violencia de...

O PP pide reactivar en Lugo a Mesa contra a Violencia de Xénero logo de nove anos sen se convocar

Os populares critican a demora do Concello para adherirse ao VioGen ou á Rede Galega de Entidades Locais contra a violencia de xénero.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular acusa o goberno local de obviar as ferramentas que existen no ámbito municipal para a loita contra a violencia de xénero. Así, os populares instan a reactivar a Mesa Local de Violencia de Xénero, logo de que pasaran nove anos sen se convocar.

A concelleira do PP María del Carmen López Silva cre que “este desinterese por parte do PSOE e o BNG é unha irresponsabilidade”, posto que dita Mesa contribuiría a “mellorar a coordinación e a traballar en rede non só para responder e atender as vítimas, senón para anticiparse e previr agresións”.

Nese sentido, lembra que a Mesa Local de Violencia de Xénero debería ser convocada cada trimestre, segundo os seus estatutos, pero “a última xuntanza foi en xaneiro de 2011”. López Silva coida que iso pon de manifesto a “dobre moral” do goberno, xa que “presumen de ser progresistas” pero “deixan de lado recursos fundamentais para a prevención, detección e intervención en casos de violencia de xénero”.

Así pois, anunciou que o PP municipal levará a pleno unha iniciativa para volver pór en marcha a Mesa contra a Violencia de Xénero, aínda que se “debe reformular algún aspecto” para “adaptala á actualidade”, din. Apostan por seguir as pautas da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero no que atinxe á composición, ámbitos de de actuación e recursos dispoñibles na Comunidade.

ADHESIÓN AO VIOGEN

Por último, a edil popular insistiu en que “as boas intencións dun goberno deben ir acompañadas por feitos” e preguntou por que Lugo aínda non se adheriu ao VioGen despois de tres meses dende a súa aprobación. María del Carmen López Silva tamén lamentou a demora en unirse á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, algo que quedou acordado en xullo do 2017.

+ posts

ÚLTIMAS

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...