InicioLugo e contornaA veciña do Corgo Benedicta Sánchez, protagonista das badaladas na TVG

A veciña do Corgo Benedicta Sánchez, protagonista das badaladas na TVG

PUBLICADA O

- Advertisement -

A nomeada ao Goya na categoría de actriz revelación Benedicta Sánchez será unha das protagonistas nas badaladas da Televisión de Galicia, que se emitirán desde a Praza do Obradoiro de Santiago con conexión simultánea ao reloxo da Porta do Sol, en Madrid.

A actriz de 84 anos que coprotagoniza a película ‘O que arde’ acompañará a Xosé Ramón Gayoso e ao presentador do programa ‘Malicia Noticias’ Arturo Fernández na retransimisión das badaladas coas que a TVG dará a benvida ao 2020.

Así, a TVG conectará coa Praza do Obradoiro a partir dás 23,55 horas para despedir ou 2019 e entrar en 2020 ao son das campás da Berenguela.

Alí estarán Xosé Ramón Gayoso, Arturo Fernández e Benedicta Sánchez, a veciña do Corgo (Lugo) que aos seus 84 anos se converteu nun dos personaxes galegos do ano grazas á súa interpretación no filme de Óliver Laxe que supuxo a súa primeira experiencia na gran pantalla.

ÚLTIMAS

Denunciado un mozo por desobediencia por criticar unha detención policial

Un mozo de 18 anos de idade foi denunciado en Lugo por un suposto...

O ex vicepresidente da deputación, Antón Bao, novo responsable local do BNG de Lugo

O exconcelleiro e profesor xubilado Antón Bao foi elixido responsable local do BNG de Lugo tras...

O PP de Lugo reúne nunha publicación os “logros” da Xunta e os “incumprimentos” do Goberno local e este responde

Os membros do Grupo Municipal do PP en Lugo, con Elena Candia á fronte,...

O choque dun coche contra un edificio obriga a cortar a Ronda da Muralla

A Policía Local de Lugo tivo que cortar a circulación na Ronda da Muralla, entre as...