InicioSociedadeLugo protéxese contra a violencia machista este fin de ano

Lugo protéxese contra a violencia machista este fin de ano

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo  enviou ás asociacións de taxistas e hostalaría un “protocolo de actuación” para que as persoas asociadas poidan axudar na “atención de casos de acoso ou violencia machista na noite de fin de ano”. Deste xeito, quere axudar a evitar calquera caso de violencia de xénero que se poida dar na cidade.

A edil de Cultura no Concello de Lugo, a nacionalista Maite Ferreiro, dixo que, tanto o sector do taxi como o da hostalaría, “xa veñen prestando atención para evitar agresións”, por iso queren “contar formalmente coa súa colaboración”. Por este motivo, distribuirase entre profesionais do taxi e da hostalaría “información de como actuar no caso de presenciar algunha agresión sexista ou de que algunha muller requira a súa axuda por sentirse acosada”.

Esta medida, xunto coa instalación dun Punto Violeta durante a noite de fin de ano -que, do mesmo xeito que nas festas de San Froilán, estará situado na Praza Maior con profesionais e voluntarios da Cruz Vermella durante toda a noite- pretende contribuír a previr situacións de acoso ou violencia machista e atender a posibles vítimas. Desde Cultura lembraron así mesmo que todas as persoas que o desexen poderán achegarse a recibir información ou comunicar calquera tipo de situación de acoso sexual. Sdemais, repartiranse folletos informativos ás persoas interesadas durante a propia noite de fin de ano.

+ posts

ÚLTIMAS

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

O PP de Lugo acusa ao goberno provincial de “non ter estratexia turística”

“O goberno provincial de PSOE e BNG non ten estratexia turística para a provincia”,...

II Festa do Centenario de Rábade para o 31 de maio

O Concello de Rábade celebrará o próximo 31 de maio a II Festa do...