InicioSociedadeA veciñanza esixe que se abra xa o Auditorio de Lugo despois...

A veciñanza esixe que se abra xa o Auditorio de Lugo despois de tres anos de espera

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo espera que o Concello recepcione o edificio "canto antes".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, espera que o Concello da capital lucense “recepcione canto antes” o novo Auditorio da cidade, cuxa obra civil está terminada desde hai tres anos, e abra as súas portas “cunha programación sólida”.

Vázquez afirmou que a postura da federación veciñal en relación con este asunto foi sempre “moi clara”, porque quere que o auditorio de Lugo, despois dun investimento que superou o vinte millóns de euros, “se poña a funcionar canto antes”.

Para iso, espera que “os técnicos da Xunta de Galicia e do Concello de Lugo se poñan de acordo” para que a administración local poida recepcionar esa infraestrutura cultural e “os lucenses poidan gozar dunhas instalacións que custaron moito diñeiro” e polas que tiveron que esperar moitos anos.

Nese sentido, tamén lle pediu ao goberno local de Lugo que vaia planificando unha “programación cultural sólida”, acorde coas instalacións do novo auditorio de Lugo, cuxa equipamento custou 3,2 millóns de euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...