InicioA UlloaRescatados en Palas de Rei dous cans encadeados e abandonados, en “pésimas...

Rescatados en Palas de Rei dous cans encadeados e abandonados, en “pésimas condicións”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos da Garda Civil e axentes ambientais da Xunta de Galicia rescataron dous cans no termo municipal de Palas de Rei despois de comprobar as “pésimas condicións nas que vivían”.

Os axentes que participaron nese “operativo conxunto” comprobaron que podería haber “posible encadeamento continuado” de ambos os cans por parte dos seus propietarios, no que “parece un novo caso de abandono e de auténtica falta de responsabilidade sobre o benestar animal”, segundo informou o colectivo animalista Libera!.

Por iso, Libera propúxolle esta mañá á Consellería de Medio Ambiente que o expediente sancionador orixinado como consecuencia da actuación policial, propoña “a máxima inhabilitación prevista na normativa, que para este caso podería mesmo chegar a 5 anos”.

Dese modo, “este veciño de Palas de Rei” non podería “convivir, adquirir ou adoptar animais durante ese período”.

Ademais, a organización animalista lembra que a Lei de Benestar Animal contempla sancións económicas de ata 5.000 euros para este tipo de casos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...