InicioSociedadeAlerta laranxa en Lugo pola entrada dunha borrasca

Alerta laranxa en Lugo pola entrada dunha borrasca

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo estará en alerta laranxa na xornada do sábado debido a un temporal costeiro. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o episodio adverso empezará sobre as 18.00 horas no noroeste coruñés e na costa de Lugo e na madrugada de sábado a domingo estenderase até o oeste da Coruña.

Os ventos serán de compoñente sur de forza 8 ou 9 e espérase mar combinado do noroeste con ondas de entre cinco ou sete metros, segundo a zona.

A Dirección Xeral de Emerxencias recomenda non achegarse ás zonas costeiras, sobre todo diques, para evitar eventuais golpes de mar que poidan arrastrar ás persoas, ademais de extremar a precaución pola posible caída de obxectos desde balcóns ou xanelas, entre outros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...