InicioSociedadeO Concello de Guitiriz recomenda non consumir auga da traída tras detectarse...

O Concello de Guitiriz recomenda non consumir auga da traída tras detectarse un “alto nivel de ferro”

Se se prolonga a situación estudaranse bonificacións económicas para os afectados "polo tempo que non poidan facer un uso normal do servizo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Guitiriz (Lugo) recomenda non consumir auga da traída ata que a situación se solvente tras detectar as análises periódicas municipais “un alto nivel de ferro”.

Así o informou o Consistorio este venres, que explicou que na última analítica da auga recibida polo laboratorio contratado polo Concello de Guitiriz “detectouse un alto nivel de ferro polo que o goberno local recomenda aos veciños non consumir a auga da traída ata que a situación se solvente”.

“Debido aos recorrentes problemas que sofre a auga en Guitiriz, o Concello realiza un control exhaustivo da auga para coñecer periodicamente o seu estado”, explicaron as mesmas fontes municipais, que engade que “grazas a este seguimento continuo púidose detectar esta incidencia ao instante”.

O resto de parámetros “son totalmente correctos”, subliña o Concello, polo que “a auga está cualificada como potable”, pero, advirte, “unha continua inxesta de ferro pode chegar a provocar problemas de saúde, por iso é polo que se desaconselle o consumo ata que os niveis de ferro volvan á normalidade”.

COMPENSACIÓN

Por parte do goberno local manifestaron que “vén traballando continuamente para liquidar esta recorrente problemática que afecta a auga de Guitiriz” e, nese sentido, “xa se sacou a contratación un proxecto para desviar o subministro de auga e que non pase polo encoro, facendo uso dunha antiga rede de circunvalación”.

Ademais, o Concello destacou que este xoves, a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e outros membros do goberno local, “estiveron a buscar posibles novas captacións da auga para evitar depender da do pantano“.

Doutra banda, se se prolonga no tempo esta situación, o Concello asegurou que “estudará bonificacións económicas na factura da auga para os afectados e afectadas para compensar o tempo que non puidesen facer un uso normal do servizo”.

Marisol Morandeira manifestou que “o episodio se detectou a tempo” e están “a traballar para que todo volva á normalidade canto antes”. Así, pediu desculpas aos veciños de Guitiriz “polas molestias que ocasionan estas incidencias na vida diaria” e mostrou o seu compromiso de traballar “sen descanso para que este recorrente problema se resolva dunha vez por todas”.

ÚLTIMAS

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...

Un operativo contra os locais de lecer nocturno en Lugo remata cun detido e 39 identificados

Un home foi detido por un suposto delito de atentado contra un axente da...

CC.OO. esixe a dimisión da edila de Persoal do Concello de Lugo

Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a dimisión inmediata da concelleira de Persoal do Concello de...