InicioSociedadeO bebé supostamente maltratado polos seus pais recibe o alta dous meses...

O bebé supostamente maltratado polos seus pais recibe o alta dous meses despois

O meniño atópase agora cunha familia de acollida de forma provisional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O bebé de pouco máis de dous meses que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, debido a negróns que presentaba no corpo, con golpes na cara e no oído, e despois de ser intervido dun desprendemento de retina en Madrid, xa foi dado de alta, segundo confirmaron fontes hospitalarias.

Os pais permanecen investigados por un suposto delito de malos tratos polo Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, cuxa titular é a maxistrada Pilar de Lara, quen lles tomou declaración e deixounos en liberdade con cargos o mes pasado.

Foron os servizos sanitarios, a principios de agosto, os que deron a voz de alarma despois de que os pais acudisen a un centro de saúde da cidade de Lugo, desde o que decidiron evacualo ao HULA. O menor presentaba signos de malos tratos e activouse o protocolo para este tipo de casos.

Poucos días despois os pais foron detidos e a xuíza ordenou o afastamento dos proxenitores e outorgou a tutela, sobre o menor, á Xunta de Galicia.

FAMILIA DE ACOLLIDA

Tras pasar máis dun mes hospitalizado, con desprazamento incluído ao Hospital da Paz en Madrid para ser intervido dun desprendemento de retina, agora recibiu o alta e atópase cunha familia de acollida de forma “provisional”. En concreto, fontes da Xunta confirmaron que o menor permanece cunha familia de acollida “cunha formación específica” da cidade de Lugo.

O bebé e os seus pais vivían entre centos de quilos de lixo, ata unha tonelada e media de desperdicios tiveron que sacar desa vivenda, situada na rúa Irmáns Carro da cidade de Lugo, operarios do servizo de limpeza municipais.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...