InicioSociedadeO violeta tinguirá a casa do Concello e a Muralla de Lugo...

O violeta tinguirá a casa do Concello e a Muralla de Lugo contra a violencia machista

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Lugo informou de que tanto a Casa Consistorial como a Muralla romana -en concreto o tramo da Mosqueira- tinguiranse o venres e o sábado -20 e 21 de setembro- de violeta en apoio á campaña #Emerxencia Feminista e tamén para conmemorar o día Mundial do Alzheimer.

“O Concello de Lugo secundará mañá os actos promovidos polos colectivos integrantes do movemento feminista, co que as organizacións participantes queren declarar unha alerta sen tregua sobre as agresións machistas“, explicou a alcaldesa da cidade, Lara Méndez.

“Despois dun verán negro, no que os medios de comunicación están a informar diariamente de múltiples ataques e asasinatos, as institucións non poden permanecer alleas a esta secuela inadmisible en calquera estado democrático”, engadiu.

Por iso, o goberno local de Lugo tamén promoverá “un pronunciamiento público da corporación municipal en repulsa a calquera forma de violencia contra as mulleres e contra a normalización da mesma”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...